Coñecendo as igrexas e as asociacións de Baio “polo miúdo”


Xa percorrimos todo o Concello de Zas pola rede a través da plataforma Zas polo Miúdo, un espazo na web municipal que nos permite visitar as súas 16 parroquias da man de Evaristo Domínguez Rial e Xosé María Lema.
Queda a segunda parte da parroquia de Baio, unha achega máis arquitectónica e social.
Os eruditos zaseiros achégannos a historia dos persoeiros máis relevantes nacidos ou vinculados con Baio, o seu movemento asociativo con algunhas das entidades deportivas e culturais máis antigas da comarca, as festas e a relación de bens do patrimonio artístico e arqueolóxico. No enlace pódese consultar a vida e obra de veciños como Agustín Martínez Ribera, retablista e escultor; Manuel Martínez Pose, mestre de capela e organista da catedral de Tui; Enrique Labarta Pose, poeta festivo e narrador de contos; Teodoro Morgade, poeta intimista morto na flor da mocidade; Xosé Collazo Martínez, canteiro e poeta emigrado en Buenos Aires; Roberto Veloso, cofundador das Mocedades Galeguistas de Buenos Aires; Carmen Balboa López, represaliada polo franquismo por ser irmá de quen era e mestra; Xosé Romero Lema, galeguista e amigo do poeta Manuel Antonio; Francisco Romero Lema, cronista local, estudoso da obra de Labarta e importante lexicógrafo; Maximino Romero Lema, arcebispo, alta xerarquía no Vaticano co papa Paulo VI e Fillo Predilecto de Baio pola súa filantropía; Uxío Romero Pose, bispo auxiliar de Madrid e prestixioso investigador da Historia da Igrexa; Ovidio Vidal Ríos, xeneral do Exército e ilustre endocrinólogo; Jorge Mira Pérez, catedrático Electromagnetismo da USC e importante divulgador da ciencia; Ricardo García Mira catedrático de Psicoloxía Social da UDC e deputado no Congreso dos Deputados; José Santos Reyes, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC; e Pepe de Valiña, destacado animador cultural e veciñal.
Máis información
Novas relacionadas
- A información sobre a parroquia de Baio incorpórase a “Zas polo miúdo”.
- Zas polo Miúdo percorre a historia da parroquia de O Allo
- A parroquia zasensse de O Allo sóbese á rede
- Daneiro, un topónimo único da parroquia de San Cremenzo
- A parroquia de Gándara, polo miúdo na rede.
- O concello de Zas sube á rede a parroquia de Carreira.
- Zas recupera polo miúdo a historia da parroquia de Mira
- Zas potencia a “Ruta dos pazos barrocos” coa contratación dun técnico en patrimonio.
- De ruta polos pazos de Zas
- Coñecendo polo miúdo a historia da parroquia de Zas.
- Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema recuperan os valores da parroquia de Zas pola rede.
- A parroquia de Brandomil protagoniza a nova entrega de “Zas polo miúdo”.
- Zas presenta as súas parroquias a través da rede
Máis novas
Fonte- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas