Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: “A situación no CEIP Labarta Pose non é alarmante”

CEIP Labarta Pose
COVID: “A situación no CEIP Labarta Pose non é alarmante”

As cifras aínda non reflicten un impacto importante, pero por se acaso, e ante a detección de varios casos no CEIP Labarta Pose, o Alcalde de Zas abordou co Xerente da Área Sanitaria A Coruña - Cee a situación municipal arredor do coronavirus.

Dende o Sergas indican que a situación está controlada e que xa se activaron os protocolos habituais para frear a propagación do virus. Reiteran que “a situación non é alarmante aínda que é importante cumprir coas medidas preventivas”, se ben os protocolos non obrigan a facer cribados.

En calquera caso o Concello de Zas decidiu suspender de forma puntual as Escolas Deportivas de Fútbol aproveitando a ponte festiva, momento no que a actividade se reduce de forma notable.

O Alcalde de Zas quere enviar unha mensaxe de tranquilidade a toda a veciñanza xa que, en principio, a situación está controlada e os casos están moi localizados. Aínda así Muíño reitera a importancia aplicar o sentido común para entre todas e todos poñerlle freo a esta pandemia.

Comentarios