Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio
08:10 24/05/16
Baio será esta fin de semana a capital do audiovisual. E todo iso grazas á asociación cultural Adro que a través do I Premios Fouciño homenaxean a un grupo de rapaces e rapazas de Baio e da súa contorna gravaron entre os anos 1995 e 1999 o que sería a primeira curtametraxe da Costa da Morte. O título da obra era “Fouciño sanguento” e na producción participou un numeroso grupo de xente nova con inquietudes creativas e moitas ganas de experimentar nun medio que hoxe está a orde do día pero que na época era menos accesible.
De aí naceu este festival de cinema no que se premian as pezas máis orixiniais, co obxectivo de espertar entre os e as estudantes da Costa da Morte e da poboación en xeral a inquietude pola creatividade audiovisual. Xa co prazo vencido, recibiron quince curtametraxes, das cales só tres recibirán os premios do xurado e do público.
Programación
Ainda que os días fortes do festival serán o venres e o sábado (27 e 28 de maio), xa están programadas distintas actividades ao longo da semana. A primeira será mañá coa proxección do documental Feísmos? (ás 21:30 horas no auditorio de Baio). Xa o xoves, á mesma hora e no mesmo lugar, proxectaráse Fíos Fóra.
O venres comezará de cheo o festival. Abriráse a programación cunha charla de Jorge Coira - cineasta premiado cun premio Goya por "El Desconocido" - para o alumnado do IES Maximino Romero de Lema. E ás 21 horas daranse por inauguradas as xornadas coa proxección do Fouciño Sanguento remasterizado no auditorio municipal de Baio.
O festival continúa o sábado ás 12 horas cunha mesa redonda na que participaran profesionais do mundo do cinema tales como Xacio Baño, Fran Estévez, Alfonso Míguez, Hector Casa e Daniel D. García. Ademais, durante todo o día os nenos e nenas poderán participar nos obradoiros infantiles de audiovisual na que se tratarán temáticas como o stopmotion, a sonorización,...
O sábado proxectaránse os traballos de autores como Xacio Baño ou Lois Blanco. E máis tarde será o turno das curtas finalistas, nas que o público poderá votar pola súa favorita. Os lugares de proxección serán Casa Ovidio, a barbería José e tamén se proxectarán curtas nunha luxosa limousina.
Estas xornadas finalizarán cunha festa que comezará as 22:30 horas coa entrega de premios e a continuación cun concerto na praza de Rial coa actuación dos IGMIG, Serj e Not only Shills.
Novas relacionadas
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Adro