Luns. 29.04.2024
El tiempo

Entregados os 1.200€ en premios da campaña do Punto Rojo

Onte tivo lugar na praza Jorge Mira Pérez a entrega dos 1.200€ en premios do Punto Rojo
Entregados os 1.200€ en premios da campaña do Punto Rojo

Borja Lema García, Manuel Esteban Lema Pérez, Enrique Ferreiro Fuentes, María Pose Mouro, Juan Miguel Vázquez Pose e Sara Rodríguez Eiroa foron os afortunados que gañaron cadanseu bono de 200€ por mercar na campaña do Punto Rojo, que tivo lugar o pasado mes de agosto e que estivo organizada polo Concello de Zas.

En total repartíronse 6 bonos de 200€ cada un para que as persoas afortunadas poidan gastalos antes do 30 de novembro nos máis de 60 establecementos comerciais que participaron na campaña.

Ao acto de entrega dos premios, que tivo lugar onte na Praza Jorge Mira Pérez de Baio, asistiron os propios premiados xunto co Alcalde de Zas, Manuel Muíño; a Concelleira, Pilar García; e representantes dalgúns dos establecementos participantes.

Comentarios