Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Escolares de Baio e Zas aprenden coa Policía Local as normas básicas da seguridade viaria

xornadas-educacion-viaria-Zas
Escolares de Baio e Zas aprenden coa Policía Local as normas básicas da seguridade viaria

Centos de alumnas e alumnos de diferentes idades do CEIP Labarta Pose de Baio e do CPI de Zas participan estes días nas xornadas de educación viaria organizadas polo Concello de Zas en colaboración coa Policía Local de Zas e de Carnota.

Para iso instalaron no Pavillón Municipal de Baio un circuito no que os escolares aprenden as normas básicas da seguridade viaria dun xeito práctico e divertido. Andrés Alonso, Policía Local de Zas, é o encargado de impartir estas sesións xunto con membros da Policía Local de Carnota, entre eles Suso.

As sesións comezan cunha parte teórica sobre as diferentes sinais horizontais e verticais e, a continuación, vén a parte práctica na que uns exercen de peatóns, outros de conductores e outros de axentes da seguridade. Para iso facilítase diverso material adaptado ás súas idades tales como bicicletas, patinetes, karts e mesmo unha bicicleta específica para nenas e nenos con mobilidade reducida.

Comentarios