“Estar no Allo”, o novo Scape Room das das Torres do Allo

Durante o verán as Torres do Allo recuperan o seu popular Escape Room, unha actividade deseñada polo Concello de Zas para coñecer a historia e segredos do pazo máis antigo de Galicia a través do xogo de escapismo “Estar no Allo”.
Este ano o primeiro “Pazo Escape” do mundo volve ademais con temática siniestra e con probas renovadas para conseguir fuxir do pazo no menor tempo posible. O Escape Room poderá facerse de luns a sábado, ás 16:00 horas da tarde e entre o 5 de xullo e o 15 de setembro. O tempo asignado para resolver as probas e poder escapar do pazo estará estritamente limitado a 60 minutos.
Como reservar
“Estar no Allo” é unha actividade gratuíta, orientada a público adulto e para participar será preciso facer unha reserva enviando un correo a info@torresdoallo.gal cos seguintes datos:
● Nome da persoa que reserva.
● Número de participantes (entre 2 e 5 persoas).
● Teléfono de contacto.
● Correo electrónico.
● Día da reserva.
A reserva farase efectiva mediante envío dun correo de confirmación por parte da organización das Torres do Allo. Recoméndase traer roupa e calzado axeitado, e se chove paraugas, para moverse polos exteriores do pazo.