mércores. 07.05.2025
El tiempo

Evacuado un home en Zas tras sufrir un accidente no seu tractor

Evacuado un home en Zas tras sufrir un accidente no seu tractor
Os accidentes de tractor son un clasico da zona como este en Corcubion

Un home resultou ferido esta mañá despois de producirse un accidente de tractor en Zas. Ao fío das 11:30 horas de hoxe, os servizos sanitarios informaban ao CAE 112 Galicia do accidente que tivo lugar no municipio coruñés de Zas, concretamente, na parroquia de O Allo, á altura das obras da Autovía. Segundo indicaron, a persoa quedou atrapada por unha perna no vehículo que manexaba.

Por iso, o 112 Galicia, alertou aos bombeiros de Santa Comba, que non chegaron a intervir xa que a muller puido ser liberada por testemuñas que empregaron maquinaria de obra de estradas para levantar o vehículo agrícola. Dende o CAE 112 Galicia, ademais, se pediu a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Zas.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios