Familias e Concello abren unha recollida de firmas para recuperar un servizo de pediatría digno
A redución de 35 a 15 horas de servizo de pediatría no centro de saúde de Zas (o especialista só atende de 12:00 e as 15:00h provocando que os usuarios teñan que acodir demasiado a Urxencias) está xerando un claro rexeitamento entre as familias do municipio xalleiro. Tralas numerosas queixas de pais e nais, e as queixas do Concello á Xunta, este pasado venres grupo de goberno e familias afectadas relizaban unha xuntanza.
Unha reunión na que se aprobou a posta en marcha dunha campaña de recollida de firmas co propósito de recuperar as 35 horas semanais de atención pediátrica que se repartíán entre os centros de saúde de Zas e de Baio.
”É unha prioridade”, asegura o alcalde Lolo Muíño, polo que nos sumamos á indignación das familias afectadas e iniciamos xunto con elas unha serie de accións para non perder os nosos dereitos”.
A campaña de recollida de firmas está aberta a toda a veciñanza que poderá sumarse á petición estampando a súa rúbrica nas follas que pode atopar na Casa do Concello de Zas. Ademais na reunión de onte, o Alcalde de Zas comprometeuse solicitar unha entrevista co Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia – Jesús Vázquez Almuiña – á que asistiría cun grupo de representantes das familias afectadas co fin de expoñerlle ao responsable na materia as deficiencias sanitarias que sofre a veciñanza de Zas.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-sergas-reduce-de-35-a-15-horas-semanais-o-servizo-de-pediatria-en-zas/- 07-06-18: O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría de Zas
- 12-01-18: O concello de Zas denuncia o mal funcionamento do servizo de pediatría nos seus centros de saúde
- 23-10-17: Zas continúa sen pediatra a pesar das escusas do PP
- 20-10-17: O alcalde de Carballo transmítelle ao xerente de Xestión Integrada do Sergas a necesidade de máis pediatras no centro de saúde:
- 07-04-16: Búscanse pediatras, de verdade, para Cee
- 2015: A Xunta non cobre a praza de Pediatría en Mazaricos porque “non hai especialistas en lista”.
- 04-09-15: Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión.
- 07-04-14: 1000 firmas por un servizo de pediatría decente para Cee e Corcubión.
- 26-03-14: Cee saíu unha vez máis á rúa a berrar pola Sanidade Pública.
- 19-03-14: 1.500 nenos sen pediatra en Cee e Corcubión.
- 2011: “Queremos pediatra tódolos días en Laxe”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])