As familias de Zas expanden, con carteis e pancartas, a loita pola recuperación das 35 horas de servizo de pediatría

Pancartas de Zas sen recortes en pediatría pola vila

Non para a veciñanza de Zas de pelexar pola recuperación das 35 horas do servicio de pediatría. Hoxe, luns, as familias volven estar sen pediatra, despois de que unha vez máis a Área Integrada do Sergas non cubra as baixas do profesionais. E parece que o día 29 pasará o mesmo.

De aí que a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría continúe en marcha, coa colocación de carteis nos establecimentos, así como pancartas en distintos puntos do Concello.

O alcalde de Zas segue a espera de que o xerente da area de xestión integrada de A Coruña, Luis Verdes, lle devolva as chamadas e dea explicacións.

Novas relacionadas

Máis novas