Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os mércores ao sol… e contra os recortes en sanidade

Concentracion de mercores as portas do Centro de Saude de Muxia
Concentración de mércores ás portas do Centro de Saúde de Muxía
Os mércores ao sol… e contra os recortes en sanidade

Un mércores máis, familias e profesionais unen forzas contra os recortes na sanidade pública. Fano facendo unha concentración, un paro de 10 minutos, ás portas de Centros de Saúde de todo o país. Bueno, en todos os que poden, porque noutros como o de Cee están tan saturados que non se poden nin permitir facelo.

Si o fan en Muxía ou Carballo. Na vila muxiá son varios os mércores nos que as familias afectadas polos recortes en pediatría se unen aos profesionais que, como en Carballo, paran para protestar por unha atención primaria digna.

Concentración de mércores no Centro de Saude de Carballo
Concentración de mércores no Centro de Saude de Carballo

Uns profesionais que seguen loitando por mellorar a súa situación laboral como os medios de cada centro de saúde.

De feito, o persoal médico eventual do Sergas, agrupado no colectivo Precarias pola Atención Primaria, veñen de amosar o seu rexeitamento, como informa a CIG ao contrato de “continuidade”, vixente dende o pasado 31 de xaneiro, que afecta tanto a médicos/as de familia como a pediatras de Atención Primaria. Denuncian que “perpetúa a precariedade e pon en perigo o modelo asistencial actual, que persegue que cada paciente sexa sempre atendido polo mesmo profesional”.

Mentres, seguimos un novo mércores ao sol…

 

Todas as novas sobre os recortes no pediatra

Máis novas

Comentarios