Domingo. 21.07.2019
El tiempo

Como é o estado de saúde do servizo de pediatría en Cee?

 

Como é o estado de saúde do servizo de pediatría en Cee?

Levamos unhas semanas sen escoitar a palabra pediatra. Dende esa simbólica regueifa dos peques de Baio, parece que a atención desvíase ao tamén precario servizo de Atención Primaria.

Hoxe queremos pararmos e ver como está o servizo de pediatría na vila da Xunqueira. O centro comarcal debería ser o oasis sanitario da zona, unha vez que conta cun Centro de Saúde (e todo un Hospital comarcal. Ben é certo que as familias de Cee non teñen que percorrer 30-40 kilómetros para ver ao pediatra, pero a situación non é moito mellor.

Cantos pediatras hai en Cee?

O Centro de Saúde de Cee (son moitos anos os que levan denunciando o abandono e os recortes no centro) conta cunha pediatra. Paralelamente, o Hospital Virxe da Xunqueira ten 4 pediatras de atención especializada que cubren as 24 horas dos 365 días o ano. Traballan con guardias localizadas, é dicir, non están sempre presentes, pero si están [email protected] ante unha posible chamada de urxencia do médico de atención primaria.

Onde hai que ir primeiro?

Que fai un pai e unha nai se o seu fillo se pon enfermo pola noite? Se a cousa non é moi grave, o normal é pasar primeiro polo Centro de Saúde, e visitar a túa pediatra habitual. Se o asunto é de gravidade, cómpre ir directamente ao Hospital.

Como está o cupo?

O cupo habitual de pediatra por número de menores soe rondar os 800 nenos por pediatra. Dase a circunstancia que a pediatra do Centro de Saúde de Cee atende a 1.500 [email protected] (900 de tarxetas sanitarias, e outros 600 de funcionarios e outras entidades semiprivadas que ao non ter centro sanitario privado se derivan no Hospital).

Unha cifra absolutamente inhumana para unha soa profesional que ten xornadas de ata 45 consultas nun só día. De feito, Fisterra cubre 500 tarxetas, e a pedaitra que comparten Muxía e Dumbría rondan das 600.

En Cee, no Centro de Saúde, o ratio daría para alomenos 1,5 pediatras, e de feito, xa en 2014 un grupo de familias uníanse para pedir “un segundo pediatra para Cee e Corcubión”. Aquel reivindicación non só caeu en saco roto, se non que a cousa foise agravando ata o punto de que cando a profesional de Dumbría e Muxía colle vacacións, as familias teñen que viaxar ata Fisterra porque a pediatra de Cee non pode asumir esa carga.

A situación, como veñen denunciando dende a Plataforma Zas sen Recortes en Sanidade e a Plataforma comarcal, está sendo tremendamente grave en zonas como Zas, Dumbría, Muxía… pero a a Xunta reiteira unha e outra vez que a Costa da Morte ten pediatras de sobra, ou que non hai pediatras abondos no sistema sanitario galego.

Os que sufrimos estes recortes, os de sempre.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios