As familias de Zas volven quedar sen pediatra polas vacacións do profesional

Imaxe do Centro de Saúde de Baio

Xa sabían dende hai arredor dun mes que o pediatra que comparten os centros de saúde de Baio e Zas ía coller vacacións dende este 22 de abril. Pero non souberon ata hoxe se ían ter substituto ou non. A Coordinadora Zas en Recortes en Pediatría tivo que achegarse ata o seu centro de saúde para confirmar as sospeitas: non hai sustituto, e as familias teñen que ir a Vimianzo para ver un profesional.

Volve así o protocolo, de que se é emerxencia inmediata poderán atender os médicos de familia de Baio e Zas, e se toca cita co pediatra por enfermidade ou calquera outra incidencia, a Vimianzo.

Toca ir a Vimianzo de hoxe ao 6 de maio, en caso de emerxencia inmediata atenden os médicos de familia de Baio ou Zas e se o neno se pon enfermo, a Vimanzo

Reunión co Conselleiro

A Coordinadora Zas sen recortes en pediatría envioulle, a semana semana, unha invitación ó Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, unha invitación para que vaia ó Concello de Zas visitar os centros de saúde que pertencen a súa Consellería e, o mesmo tempo, manter unha reunión cos membros da coordinadora para, así, poder falar de todos os problemas sanitarios que se viven a diario no Concello de Zas. Posto que esta situación acarrea unha gran preocupación e un inmenso malestar entre toda a veciñanza.

Ata agora non teñen resposta.

 

Novas relacionadas

Máis novas