Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Festa da Carballeira de Baio volve pensando en toda a familia

carballeira-baio-2024
A Festa da Carballeira de Baio volve pensando en toda a familia

O vindeiro 30 de xuño, coma sempre o último domingo de mes, a fermosa paraxe da carballeira de Baio acolle a súa singular Festa, organizada polo Concello de Zas, coa colaboración da Asociación Cultural Adro e da Comisión de Festas de Baio. Unha festa, unha romaría das de sempre, cun gran espíritu familiar e cargada de tradición que ano tras ano reúne centos de persoas.

Unha das principais novidades desta edición é a sardiñada que se realizará antes da sesión vermú e na que se repartirán de forma gratuíta sardiñas entre todos os asistentes. O grupo de música tradicional da Asociación Cultural Adro encargarase de amenizar a sardiñada. A partir de aí a música non parará de soar durante todo o día.
Diso encargaranse o Dúo D’Festa e o Dúo Veneguay, que animarán a sesión vermú e a verbena; e a Charanga Santa Compaña, que levará a súa música por todo o recinto ao longo de toda a tarde.

Co fin de preservar este espazo natural - incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras - e para que todos e todas os asistentes gocen da festa, non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas, usar equipos musicais nin estacionar no recinto.

Máis info

Comentarios