O IES de Baio asina un convenio con 4 empresas para ofrecer un FP Dual de Aplicacións Web

07:33 02/06/22
Segue mellorando o IES Maximino Romero de Lema a súa oferta en materia de FP vinculados ás novas tecnoloxías. A última incorporación é que para os cursos 2022-2023 e 2023-2024 impartirán un Ciclo Superior en réxime Dual de Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Para poder facelo xa teñen un convenio asinado con catro empresas: Televés, Servicio Móvil, Sudespacho e Cinfo.
A formación é combinada entre a empresa e o centro educativo e durante a estancia na empresa terán unha remuneración económica. Unha modadlidade de informática que está tendo unha gran demanda laboral.
Para máis información poden chamar ao Ies: 881960015.