Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O IES de Baio mergúllase na importancia das aves mariñas cunha exposición do CEIDA

Exposicion IES Baio 1
O IES de Baio mergúllase na importancia das aves mariñas cunha exposición do CEIDA

”Compañeiras do mar e do ceo” é o título da exposición itinerante que temos estes días no IES Maximino Romero de Lema. Unha mostra que, a través de seis paneis, focaliza a importancia da conservación das aves mariñas. A exposición de educación ambiental, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) debulla como as aves están intimamente ligadas co mar, xa que dependen deste para sobrevivir, así como a súa relación coas actividades pesqueiras.

Tamén se destaca Galicia como un lugar clave para a reprodución de certas aves mariñas xa que conta con cinco Zonas de Especial Protección para as Aves das trinta e nove que hai en España.

”Con esta mostra queremos contribuír a que todos e todas protexamos as aves que viven na nosa contorna ou que están de paso, posto que o noso mar é fundamental na ruta migratoria de moitas especies atlánticas”, explican dende o centro.

Exposicion Mar ceo ies baio

Comentarios