Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O IES Maximino Romero prepara un mes de marzo feminista e diverso

O proxecto Ao son Delas do IES Maximino Romero de Lema de Baio
O proxecto Ao son Delas, un dos fitos da liña feminista IES Maximino Romero de Lema de Baio
O IES Maximino Romero prepara un mes de marzo feminista e diverso

Feminismo, diversidade, patrimonio cultural o ecoloxía conforman o traballo do día a día tanto no IES Maximino Romero de Lema como na comunidade educativa que participa e enriquece a convivencia no noso contexto rural. E proxectos como “Ao son do rural”, “Ao son delas” ou “Ao son da regueifa” veñen dando boa mostra.

Este curso 2019-2020 no Maximino vai cargado de proxectos e actividades que veñen continuando e potenciando estes eixos de traballo. Neste mes de marzo, prestarán especial atención ao feminismo e diversidade, con un feixe de actividades para visibilizar a presenza das mulleres na cultura o deporte ou a ciencia. Tendo como faro o 8M Día das Mulleres Traballadoras, arrancan xa o mes con propostas varias propostas saídas educativas e culturais a Madrid, para visitar o Museo do Prado e o Reina Sofía desde unha perspectiva de xénero e asistir a un musical e percorrer Ifema coa exposición do antigo Exipto. Tamén farán unha saída a Santiago o 5 de marzo á feira de minerais polo alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e a Vimianzo aos monólogos BigVan Ciencia (17 marzo) co alumnado de Física e Química e Bioloxía, axudando a visibilizar o papel das mulleres nestas áreas do saber.

En canto ao 8 de marzo, desenvolverán diversas actividades ao longo da semana do 9M con esta temática:

  • Luns 9M: empezando o luns no recreo cunha gran cadea humana violeta arredor do  centro, mostrando o compromiso de unidade polo feminismo e a diversidade entre rapazas e rapaces, profesorado e todas aquelas persoas que queiran sumarse. Ao longo dos recreos desa semana realizaranse outras accións como pintadas ou romper estereotipos pola igualdade.

Concerto de AldaoLado, por Lucía Aldao e María Lado (12.45h., Usos Múltiples) mulleres comprometidas co feminismo a través de espectáculos nos que hai poesía, música en directo e simpáticas historias.

Obradoiro proxecto coeducativo de centro (16-18h, Biblioteca) para o profesorado e comunidade educativa, impartido pola Carme Marina (PeriFéricas).

  •  Mércores 11M: presentación do libro Ferreñas e Rock & Roll (13.30h., Usos Múltiples) polas súas autoras Iria Pedreira e Laura Romero, catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega.

Obradoiro proxecto coeducativo de centro (16-18h., Biblioteca) para o profesorado e comunidade educativa, impartido pola Carme Marina (PeriFéricas).

  •  Venres 13M: debate “Muller e deporte na Costa da Morte” coa participación, entre outras, de Paula Esteiro e María García, coas que falarán do deporte feminino máis preto de nós.

Finalizarán o mes con dous días de obradoiros (30-31 marzo) organizados a través da ANPA para o alumnado da ESO, dentro da estreita colaboración da toda a comunidade educativa no seu compromiso polo feminismo e a educación na igualdade e diversidade.

Comentarios