Martes. 15.10.2024
El tiempo

Máis de 30 quilómetros de asfaltado de estradas municipais en Zas

Plan-mellora-estradas-municipais-Zas
Máis de 30 quilómetros de asfaltado de estradas municipais en Zas

Aproveitando a chegada do bo tempo, o Concello de Zas puxo en marcha estes días o Plan de Mellora de Estradas Municipais que chegará ás 16 parroquias.

Os traballos que están a realizar as empresas adxudicatarias consisten no asfaltado de máis de trinta quilómetros da rede viaria municipal. Trátase de estradas de diferentes anchos e lonxitudes e que, por especificacións técnicas, houbo que agardar ao bo tempo para executar as obras.

“Manter en bo estado unha rede de comunicación tan estensa é todo un reto para un municipio con menos de 5.000 habitantes. Sobre todo debido á gran cantidade de quilómetros que a forman e aos danos que provocan os sucesivos temporais que rexistramos todos os invernos”; sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín.

Comentarios