mércores. 04.12.2024
El tiempo

Moita música para a festa da Carballeira de Baio

Moita música para a festa da Carballeira de Baio
Os baieses e baiesas xa están preparados para unha das romarías máis esperadas do ano; a Festa da Carballeira que tanto dou que falar na vila ao longo dos últimos meses antes de que o concello de Zas comprase o terreo. Este ano, da organización da festa encárgase o concello de Zas despois de que a asociación cultural Adro lle comunicara aos socios que non organizaba a festa por falta de tempo cando propietarias e administración se atopaban en plena fase de negociación. Como vén sendo habitual, a festa comeza coa actuación do grupo de gaitas da asociación cultural Adro de Baio e continúa cunha sesión vermú a cargo do dúo D`Festa. E mentras os centos de romeiros e romeiras desfrutan da sobremesa volven a amenizar a tarde os gaiteiros de Adro, a charanga Os Celtas e outra que está por confirmar. A partir das 21 horas, a música correrá a cargo de novo do dúo D´Festa que compartirá escenario co trío Élite. Co fin de preservar a carballeira como a súa contorna, así como para que todos e todas desfruten da festa, os organizadores non permitirán instalar equipos musicais, instalar carpas pechadas nin facer lume no chan.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

   

Comentarios