Un motorista falece en Zas

Outra morte nas estradas da Costa da Morte. Este pasado sábado 15 de outubro de 2011, arredor das 19:00h, tivo lugar un novo e grave accidente na curva da Ferradura de Zas, na estrada que vai cara Santa Comba. O condutor dunha moto, natural de Noia, que viaxaba cuns amigos con cadansúas motos, saiuse da estrada e esnafrouse contra un sinal.

O condutor falecía no acto. Ata alí intentou chegar o helicóptero pero foi imposible, e de tódolos xeitos xa era tarde.

A sangría que está a sufrir a bisbarra en materia de siniestralidade na estrada, sobre o que dalgún xeito as administracións terán que tomar parte no asunto.

Accidentes no 2011

Novas relacionadas

Fonte

  • Redaccion de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Foto de Braulio de Follente.