Accidente grave nas obras do Porto de Sardiñeiro


Esta tarde de martes viuse empañada por un accidente laboral nas obras do Porto de Sardiñeiro, recén comezabas a finais de agosto.
Segundo nos informan dende Urxencias Médicas, a un traballador (as primeiras fontes apuntan a que pode ser natural de Buxantes) caeulle unha pedra de cemento nas pernas, malia que segundo indican fontes cercanas ao accidente foi a propia máquina ca que estaba a traballar a que lle caeu enriba.
As administracións mobilizaron á Garda Civil e Protección Civil. A persoa foi nun primeiro momento trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira pero de aí ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela en helicóptero.
Parece pois que pode ser un accidente grave, e dende alí sinalaban que o ferido pode ata perder unha perna. Así e todo, tras falarmos con varias dos corpos de seguridade, parece que dende as administracións intentar agochar a gravidade do asunto.
Novas relacionadas
- 29-08-11: Comezan as obras do Porto de Sardiñeiro.
- 14-04-11: Morre un veciño de Dumbría atrapado baixo o seu tractor.
- 15-09-11: Una falsa alarma mobilizou en Fisterra un amplo dispositivo dos servicios de emerxencias.
- A familia de Guillermo Marcote Traba declara a súa inocencia: “A polisia sempre é boa”:
- En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos.
Fonte
- Redaccion de QPC (info@quepasanacosta.gal).