Novo accidente dun camión na AC-552

18:25 15/03/11
Unha e outra vez a mesma historia. Os accidentes na estrada comarcal AC-552 que une Carballo e Fisterra son unha constante. E os arranxos non chegan.
Esta mesma tarde de martes 15 de marzo de 2011, arredor das 15:00h, un camión saíuse da estrada AC-552 a altura do cruce de Bergeogas a Senande. O Camión que viña dirección a Cee, fixo un frenazo brusco ao saírlle outro vehículo dende o cruce perdeu o control. Finalmente non volcou e puido frear nunha leira, tendo que vir despois unha excavadora e outros camións con terra para facerlle sitio para poder sair.
Novas relacionadas
- As obras de mellora da AC-552 non estarán listas ata o cuarto trimestre do 2011.
- Fran Hermida escribe Sen Xeito: Outra campaña da Xunta.
- 18-02-11: Enésimo accidente na comarcal AC-552.
- 16-02-11: Unha saraibada fugaz provoca un novo accidente na AC-550.
- 31-01-11: Novo accidente na comarcal AC-552 a altura de Dumbría.
- 03-12-10: Varios accidentes colapsan a comarcal AC-552 ao seu paso por Dumbría.
- 02-12:10: Varios accidentes nas estradas da bisbarra.
- 24-11-10: Un home falece ao caer ao mar no seu vehículo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información e Fotos de Xusto Gómez.