Un motorista falece en Zas
20:14 16/10/11
Outra morte nas estradas da Costa da Morte. Este pasado sábado 15 de outubro de 2011, arredor das 19:00h, tivo lugar un novo e grave accidente na curva da Ferradura de Zas, na estrada que vai cara Santa Comba. O condutor dunha moto, natural de Noia, que viaxaba cuns amigos con cadansúas motos, saiuse da estrada e esnafrouse contra un sinal.
O condutor falecía no acto. Ata alí intentou chegar o helicóptero pero foi imposible, e de tódolos xeitos xa era tarde.
A sangría que está a sufrir a bisbarra en materia de siniestralidade na estrada, sobre o que dalgún xeito as administracións terán que tomar parte no asunto.
Accidentes no 2011
- 13-10-11: Un mozo de 26 anos morre nun accidente de tráfico en Dumbría.
- 11-10-11: Accidente grave nas obras do Porto de Sardiñeiro.
- 26-09-11: Falecen dous mozos nun accidente na estrada do Cabo C.
- 05-09-11: Morre unha nena de 14 anos nun accidente nas estradas de Laxe.
- 16-08-11: Leva por diante a cinco mozos en Cee.
- 08-08-11: Dous accidentes esta fin de semana cóbranse varios feridos.
- 29-06-11: Un mozo camariñán morre na estrada.
- 22-03-11: Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- 18-03-11: Enésimo accidente na AC-552.
- 15-03-11: Novo accidente dun camión na AC-552.
- 16-02-11: Enésimo accidente na comarcal AC-552.
- 31-01-11: Novo accidente na comarcal AC-552 a altura de Dumbría.
Novas relacionadas
- A familia de Guillermo Marcote Traba declara a súa inocencia: “A polisia sempre é boa”.
- Informe de siniestralidade na Costa da Morte: Case un accidente ao día nas estradas da Costa da Morte.
Fonte
- Redaccion de QPC ([email protected]).
- Foto de Braulio de Follente.