Enésimo accidente na comarcal AC-552

18:41 18/02/11
Non para a sangría de accidentes que está acosando á Costa da Morte nas últimas datas. E a protagonista é a de sempre, a estrada comarcal AC-552, un auténtico perigo de morte. E mentres esperamos pola VAC sen moita esperanza, teremos tamén que agardar ata o cuarto trimestre do 2011 para que se aborden as obras de mellora da propia AC-552.
Da man de Xusto Gómez coñecemos o accidente que ocorría esta mesma tarde de venres 18 de febreiro de 2011, arredor das 15:00h, no quilómetro 48 da AC-552, no lugar de A Piolla, no termo municipal de Cabana de Bergantiños.
A colisión producíase entre unha furgoneta, na que viaxaban un condutor e unha muller; e outro coche. Ao lugar chegaron os equipos de Urxencias, Proteccion Civil de Cabana e os Bombeiros de Carballo, que tiveron que excarcelar ao propio condutor. Este tivo que ser levado de urxencias ata o Hospital Juan Canalejo.
Segundo nos informaba a propia acompañante, que tiña o ollo esquerdo inchado, o home, de nome José Manuel, vai casar a semana que vén.
Novas relacionadas
- As obras de mellora da AC-552 non estarán listas ata o cuarto trimestre do 2011.
- 16-02-11: Unha saraibada fugaz provoca un novo accidente na AC-550.
- 31-01-11: Novo accidente na comarcal AC-552 a altura de Dumbría.
- 03-12-10: Varios accidentes colapsan a comarcal AC-552 ao seu paso por Dumbría.
- 02-12:10: Varios accidentes nas estradas da bisbarra.
- 24-11-10: Un home falece ao caer ao mar no seu vehículo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información e Fotos de Xusto Gómez.