Desaparece un mariñeiro de Malpica nas augas da Coruña


Esta pasada noite de mércores 5 de outubro volveuse tinguir de loito no mar da provincia da Coruña. O pesqueiro malpicán "Tabar" sufriu un naufraxio sobre as 22:00h preto do "dique de abrigo" coruñés, cando foi abordado por un cargueiro. O "Tabar" afundiu de contado, quedando dous mariñeiros feridos, pero un terceiro, o fillo do patrón, da familia Romai e duns 26 anos, desapareu.
As labores de busca comezaron no mesmo momento, dificultadas pola mesta néboa que neses momentos había na zona do porto. Os dous feridos foron trasladados ao hospital, e o seu estado non reviste gravidade.
Repetiuse pois a historia do pasado mes de maio, cando o mar da Coruña cobrárase dúas vidas malpicás.
Este vídeo, grabado por Fran Varela Saleta no peirao malpicán o mesmo día 6 de outubro, demostra o silencio, o loito, do pobo de Malpica para coa familia Romay e para con todos os mariñeiros.
Novas relacionadas
- 27-05-11: O mar da Coruña cóbrase dúas vidas malpicás.
- Asoar publica dúas novas guías sobre prevención de riscos e xestión de residuos na mar.
- Non ao Museo subacuático da Costa da Morte.
Outros sucesos no mar
- 01-09-11: Atopado o corpo sen vida do turista neozelandés desaparecido en Traba.
- 20-07-11: Morre un home en Corme logo de emborcar a súa embarcación.
- 12-07-11: Atopado o corpo sen vida dun mergullador en Muros.
- 27-05-11: O mar da Coruña cóbrase dúas vidas malpicás.
- 22-04-11: Desaparece un home do Ézaro no mar.
- 25-01-11: Salvamento Marítimo acode ao rescate dun veleiro a 30 millas da costa camariñá.
- 21-01-11: Un pescador falece en Fisterra cando ía ao mar.
- 20-01-11: Rescatan a unha mariscadora que caíu ao mar en Caldebarcos.
- 27-12-10: Falece un pescador nos cantís de Laxe.
- As imprudencias no mar páganse.
Fonte

- TVG.