O nadal máis tradicional viviuse en Carreira co Santiaguiño e Senda Nova
Quedábamos por rescatar unha das citas máis máxicas e auténticas deste nadal. Porque entre carrozas, luces leds e pistas de xeo, tamén hai que trata de recuperar o Nadal máis tradicional.
Aconteceu o pasado 27 de decembro en Carreira, Zas, onde os Espías do Bosque de Senda Nova acompañaron ao Apalpadorata a taberna que a Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira mantén no nucleo zaseiro.
Mentres a cativada realizada un Obradoiro de Natureza, os maiores gozaban unha visita guiada pola zona, da man das xentes do Santiaguiño, visitando elementos etnográficos, como a cabana, os diferentes cabazos modelo Soneira, o lugar da fonte ou as casas máis antigas, antes de parar no Museo do Liño de Carreira.
O punto álxido da sesión que serve para unir o rural de Bergantiños co das terras de Soneira, era a visita do Apalpador, acompañado polos Espias do Bosque, oito persoas, acompañadas de cabalos, que guiaron ao carboeiro do Courel dende o alto de Pico de Meda ata mesmo o local social da aldea.
O Apalpador chegaba á vila, que agardaba escura, cun séquito de máis de 30 fachos prendidos, ao son da Marcha do Antigo Reino que entoaban as gaitas do grupo Churía. Pura maxia ancestral.
Xa na lareira do local social o Apalpador incidiu na súa mensaxe chea de valores como o respecto ás contornas naturais, e repartiu agasallos e castañas ás crianzas.