Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Novas xornadas de formación tecnolóxica para maiores en Zas

programa-mellor-acompañados copia
Novas xornadas de formación tecnolóxica para maiores en Zas

Coa intención de seguir barrendo a fenda dixital, o Concello de Zas, a través do seu departamento de Servizos Sociais, xunto coa Fundación Amigos de Galicia, pon en marcha o programa “Mellor acompañados”. Trátase dunha serie de obradoiros que teñen como obxectivo fomentar a autonomía e a independencia das nosas persoas maiores.
No programa inclúense catro accións formativas de 2,5 horas de duración cada unha delas, totalmente gratuítas e dirixidas aos maiores de 65 anos. Estes son os cursos que se ofertarán nos vindeiros meses:
• Máquina de quendas nos hospitais, centros de saúde, concellos,…
• App móbil do Sergas
• Caixeiro automático (como realizar transferencias, pago de recibos, retirar diñeiro,…)
• Teléfono móbil (agregar contactos na axenda, realizar videochamadas, usar o GPS, descargar aplicacións, concectarse a unha rede Wifi,…)

Para levar a cabo estas formacións é necesario contar cun mínimo de 15 persoas polo que aqueles veciños e veciñas que estean interesados/as en participar poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03.

Comentarios