O AD Zas organiza o seu primeiro campus deportivo
08:06 17/08/17
Entre os días 21 e 25 de agosto terá lugar en Zas o primeiro campus deportivo organizado polo AD Zas. O campus está dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 17 anos e realizaranse varias disciplinas entre elas tenis de mes, fútbol sala, balonmán e baloncesto. Ademais, terán a oportunidade de practicar xogos populares, ir á piscina, piragüismo, badminton, atletismo,...
O horario do campus é de 10 a 20 horas divididos en dúas sesións de mañá e tarde. O prezo é de 70€, con comida incluída, e 30€ sen comida. O campus está dirixido por Miguel Rey - actual seleccionador galego de tenis de mesa - e contará con monitores para cada un dos deportes.
Inscricións
O prazo para anotarse remata este domingo, día 20. Os interesados en inscibirse deben chamar aos números de teléfono 653 33 67 68 (Stevo) e, 685 57 13 32 (Miguel).
Novas relacionadas
- O AD Zas Ponciano Nieto terá dous equipos en categoría nacional
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
- O Ponciano Nieto soña cun ascenso histórico para a comarca.
- O tenis de mesa feminino está en alza.
- O AD Zas Ponciano Nieto suma un punto que o posiciona na fase de ascenso:
- A Fase de Ascenso á 2ª Nacional chega ao pavillón de Zas
- O AD Zas Ponciano Nieto empata en Santiago co 1º clasificado da 3ª división nacional de tenis de mesa.
- Mala xornada para un tenis de mesa comarcal coa mente en Valladolid
- O tenis de mesa costeiro aguantou o temporal.
- Os equipos de Zas dan un gran paso cara o título e a permanencia.
- O Concello de Mazaricos frea o seu camiño do ascenso á 1ª Galega de tenis de mesa.
- A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa.
- Empate e todos contentos.
- Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa.
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.