Mércores. 01.04.2020
El tiempo

O concello de Zas inviste máis de 100.000 na mellora das instalacións deportivas

O concello de Zas inviste máis de 100.000 na mellora das instalacións deportivas
pavillon-baio No pavillón de Baio renovouse a cuberta así como a contorna do edificio deportivo e do centro social Un total de 100.610 euros foi a cantidade que investiu nos pasados meses o concello de Zas na mellora de varios dos seus equipamentos sociodeportivos; concretamente nos pavillón de Baio e de Zas. No de Zas, despois do acondicionamento da fachada que se levou a cabo no 2016, a finais do ano pasado procedeuse á renovación das portas. Dentro do mesmo proxecto, por un importe próximo aos 37.000 euros, substiuse a cuberta do polideportivo de Baio. A outra gran intervención, por preto de 55.000 euros, levouse a cabo en toda a contorna do pavillón e o centro social de Baio. Grazas a este investimento foi posible afrontar a construción de beirarrúas, muros e canalización de augas pluviais, ademais do recheo e o aglomerado da zona, o que permite ampliar dun xeito considerable o espazo para aparcamento. "Desde o goberno municipal e Zas seguiremos a apostar pola modernización dos equipamentos deportivos, sociais e culturais e promovendo a súa utilización e dinamización por parte dos diferentes sectores da veciñanza", sinalan dende o concello. Fonte

comentarios