Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego

Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego
Premios Foucino Baio 2018

Co Carballo Interplay xa en marcha, o Concello de Zas vén de anunciar a continuidade dos seus curmáns pequenos, os Premios Fouciño. O festival de curtametraxes chegará á súa terceira edición, cun día de máxima expectación, o 30 de xuño, e unha completísima semana previa desenvolverase cheo de actividades paralelas.

Os galardóns zaeiros converterá a Baio, unha vez máis, na capital do sector audiovisual galego. Ademais, servirán par premiar os dotes técnicos, artísticos e creativos tanto dos estudantes como de todas aquelas persoas interesadas na creación audiovisual así como para axudar a incrementar a presenza da lingua galega na rede.

Haberá dúas categorías, unha para centros de ensino e outra aberta. O prazo de inscrición na III edición dos Premios Fouciño comeza ao día seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia – que será nos vindeiros días – e remata o 31 de maio de 2018.
Entre todas as pezas presentadas na categoría libre seleccionaranse dez curtametraxes finalistas e outras tres de reserva.

Premios

En total, repartiranse 1.000 euros en premios; dos cales, 300€ son para a categoría dos centros de ensino e 700€ para a categoría aberta. Ademais, os gañadores recibirán un trofeo. O público tamén poderá emitir a súa valoración das curtas participantes no certame e o traballo máis votado recibirá un trofeo. As Bases do concurso xa se poden consultar na páxina web municipal (www.concellodezas.org) a través do seguinte enlace: www.concellodezas.org.

A organización corre a cargo do Concello de Zas, da man do alcalde de Zas, Manuel Muíño; o concelleiro de Cultura, Manuel García; e os coordinadores do certame, entre os que figuran un grupo de mozos e mozas de Baio e arredores, anunciaron a posta en marcha dunha nova edición dos Premios Fouciño na que contarán tamén coa colaboración da Deputación da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios