Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte

13:44 31/08/15

Pensamos que este verán as esquiváramos. Pero, ao igual que en 2014, a avespa asiática conseguíu chegar á Costa da Morte. Esta fin de semana, Marcos Fernández López, veciño de Zas, contounos que a plaga xa chegou a Zas, en concreto no lugar de Vilachan na parroquia de Lamas.
Asegura que un técnico da Xunta viñera ata a súa para erradicar un enxame, pero foi mal retirado, e aínda ao longo da fin de semana, con trampas caseiras, cazou 9 avespas. Espera acabar con elas en breve, tendo en conta os riscos que afectan ademais á avespa autóctona e que fan tremer aos apicultores.

Novas relacionadas
- Galicia Confidencial: Alertan sobre os riscos da avespa autóctona galega por mor da asiática.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).