O pavillón de Zas viviu unha pioneira xornada de tenis de mesa adaptado e inclusivo
Gran acollida e gran experiencia a vivida esta pasada Semana Santa no pavillón de Zas. Gracias á implicación do AD Zas, nomeadamente de Stevo Lema, e do Concello de Zas, o pavillón estase a convertir no auténtico epicentro do tenis de mesa galego, como o corroboraron este xoves e venres coa celebración do XXII Campionatos galegos Adaptado, e o pioneiro I Campionato galego inclusivo.
Unha marea de deportistas chegados de toda Galicia gozaron dunhas instalacións excepcionais, perfectamente adaptadas (moi boa luz, mesas e áreas de xogo ben situadas, calefacción…, e agradeceron ademais a moi boa atención por parte da hostalería local.
O gran elemento a destacar foi o éxito da primeira experiencia de tenis inclusivo, no que ademais a comarca foi protagonista. Por exemplo, Nico Paz proclamouse (do Vimianzo Tenis de mesa) quedou subcampión galego en categoría individual; campión na categoría de dobres xunto con José Luis Monzón, do Narón Tenis de Mesa; e o equipo formado polo propio Nico, xunto con Paco Paz e Laura García, conseguiron a medalla de plata no Campionato Galego de Tenis de Mesa Inclusivo.
Tamén houbo unha expedición do AD Zas, onde compiten os camariñáns José Luis Gerpe e Vicente.
E non faltaron os membros do equipo da Asociación Íntegro, que viviron días de vertixe emocional. Por un lado estiveron Aarón (Laxe) e Bruno (Carballo), quedaron semifinalistas en dobles no campionato. Polo outro participou Liso Couto Castro (Cerqueda), que quedou campión e cadeira de rodas. Pero alegría do triunfo tornouse en traxedia pois faleceu vítima dun ictus o luns pola mañá. A comunidade de Íntegro lamenta a perda deste home que era unha alegría continua.
XXXI campionato galego veterano
Xa sábado e domingo celebrábanse os campionatos de Veteranos, con gran ambiente, e desexando voltar.
Vindeiras citas
O AD Zas xa prepara os vindeiros Campionatos Escolares, que serán o Intercomarcal para o 26 de abril e o Provincial o 12 de maio.
Pero tamén teñen a cabeza no Campionato Galego de tenis de mesa Adaptado, que xuntará por primeira vez o vindeiro 6 de xuño 70 persoas xogando ao pinpon adaptado na vila zaseira.