O Punto Rojo de Baio puxo de manifesto a importancia do comercio e hostalería local
Volveu ser Baio a porta Grande da Costa da Morte, como ben sinala o lema da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira. As Xornadas de promoción da economía local continúan sendo un éxito rotundo, e de novo a vila vestiuse de gala para disfrutar fin de semana chea de variedades.
Dende a tarde do venres todos os bares, pero sobre todo os 3 que participaban coas súas tapas especiais, estiveron a rebenter. As tapas de Casa Rogeilio, o Trébol e a Cervexería Río Grande foron un dos grandes reclamos da fin de semaan.
Viuse moitísima xente paseando e botando un ollo ás vendas dos 15 postos que saíron á rúa. Moitos eran dos propios establecimentos, e houbo varios tamén de artesáns da zona que tamén se apuntan a facer de Baio un gran centro comercial a ceo aberto, con grandes rebaixas e ofertas.
A música da Charanga Os Celtas animaba as súas, e os inchables e as paiasas facían de Baio un lugar ideal para pasar o día en familia. Ademais, houbo un concerto de blues da man do Concello para darlle tamén vida ao serán.
O domingo, coa feira a pleno rendemento, foi tremendo. Un bule bule de xente durante toda a mañá para pasear, comprar, tapear… Mércores toca facer o sorteo para coñecer ao agraciad@ dos 1000€ en bonos de compra.
Unha nova edición destas xornadas que, como a Pelota, demostran a importancia do comercio local nas nosas vilas.