Venres. 04.10.2024
El tiempo

A Pelota de Baio: “Un pantalón, unha crema para o sol, algo de artesanía, uns pinchos, un coche… temos para todos os gustos”

Baio ten a pelota 2
As pelotas amarelas xa locen nos establecimentos de Baio
A Pelota de Baio: “Un pantalón, unha crema para o sol, algo de artesanía, uns pinchos, un coche… temos para todos os gustos”

Chega a gran fin de semana na que Baio se convirte, máis que na Porta Grande, no centro neurálxico da Costa da Morte. A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira prepara unha fin de semana espectacular, que contará ademais cun tempo ideal par achegarse e disfrutar “da pelota”, como xa se refiren na vila a estas xornadas festexeiras de apoio ao comercio local.

”Xa hai gañas de saír, de tapear, de comprar… e aquí teremos un ambiente festivo, así que invitamos a todo o mundo a pasar en Baio integramente a finde porque hai para todos os gustos e todas as cores”, explica Tatiana Rellán.

Ademais dos descontos das tendas, sobre todo sobre a nova temporada, e mesmo coa presencia de varios outlets de tendas da zona, 3 bares ofrecerán ata 10 pinchos estupendos. Ademais, a vila principal contará co pasarrúas da Charanga NBA para dinamizar a ruta de bares e pinchos.

Na Praza Nova, o sábado será un bule-bule. Durante todo o sábado haberá diversos postos de artesanía, e dende a tarde do sábado haberá inchables e cousas para nenos (o sábado de 16:00h a 20:00h e domingo de 12:00 a 14:00h e de 16:00h a 20:00h).

As xornadas coinciden ademais coa Feirauto de Baio, “o broche de ouro”. “Podes pasar a comprar un coche, un pantalón, unha crema para o sol, uns pinchos, algo de artesanía… de todo”.

Ruta de Pinchos do Baio ten a pelota 2022

Novas relacionadas

Comentarios