Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Quinquilláns e Quico Cadaval volven este domingo ás Torres do Allo

  • A entrada é de balde e as actuación son ás 19:30 e ás 21:00 horas
Sesión de contos nas torres do Allo
Os Quinquilláns e Quico Cadaval volven este domingo ás Torres do Allo

Este domingo 11 de setembro, teremos doble actuación no pazo das Torres do Allo. Ás 19:30 horas toca visita teatralizada dos Quinquilláns, que representarán a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane, compartindo cos labregos e labregas a historia do pazo, os costumes e tradicións labregas mais tamén as preocupacións do seu tempo como a emigración , a ciencia ou a decadencia da fidalguía.

Deseguido, ás 21:00 horas, haberá unha sesión de contos nas Torres con Quico Cadaval, onde nos deleitará co seu espectáculo “Fantasmas Familiares”. Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circustancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores máis íntimos do público.

Comentarios