sábado. 07.12.2024
El tiempo

Ricardo García Mira, nomeado Catedrático Honorario da Universidade de Bath

Ricardo Garcia Mira Universidade de Bath
Ricardo García Mira, nomeado Catedrático Honorario da Universidade de Bath

O catedrático baiés censado en Laxe, Ricardo García Mira, vén de recibir un recoñecemento internacional. A universidade de Bath outorgoulle o título de Catedrático Honorario tras máis de 10 anos de colaboración, coordinando numerosos proxectos transeuropeos de primeiro nivel.

A prestixiosa universidade británic, situada entre as 10 máis prestixiosas do continente, quere agradecer así a colaboración do Catedrático de Psicoloxía Social especializado en Psicoloxía Ambiental pola Universidade de Compostela.

O profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña deixa claro que ”Bath ten unha universidade coa que me unen moitas experiencias da miña vida profesional como investigador, vinculada a ela desde o noso traballo co modelado económico dos estilos de vida sostible entre 2013 e 2017. Síntome como na casa cando vou alí. Son xa máis de dez anos de traballo colaborativo, dando respostas aos desafíos climáticos”, sinalou o costeiro.

Ampla traxectoria

Ademais da súa carreira política como Deputado polo PSOE, o profesor leva décadas traballando polo desenvolvendo sostible analizando as consecuencias do cambio climátido dende unha perspectiva social e económica.

O seu traballo co Institute for Policy Research permitiu formular conxuntos de recomendacións de políticas sobre o deseño de enfoques de gobernanza e combinacións de políticas para unha transición rápida cara á sustentabilidade. “Vémonos absorbidos por un estilo de vida que organiza todo canto facemos, os nosos costumes, a forma de organizar o traballo, o consumo, o tempo libre, de tal maneira que en canto chegamos a coñecer o impacto social e ambiental, e as súas nefastas consecuencias futuras, preguntámonos polos camiños alternativos que urxe tomar: economía verde? Decrecemento? Crecemento integrado na comunidade, en función das necesidades e a planificación comunitaria?”

A intervención de García Mira permitiu crear canles de comunicación entre a Comisión Europea, a Universidade de Bath e a Universidade da Coruña ao redor da economía e o impacto socioeconómico que podería ter a implementación dunha renda básica universal.

Actualmente centra as súas investigacións no impacto do cambio climático sobre a saúde, en liña coa investigación sobre Saúde e Clima e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento sostible da Axenda 2030 da ONU, formou parte das súas preocupacións e contribucións principais.

Ricardo García Mira conta con máis de 150 publicacións entre libros, e artigos de investigación nas máis prestixiosas revistas internacionais sobre psicoloxía social e ambiental. Coordinou o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña no período 1995-2022. Foi elixido Presidente da sociedade científica International Association for People-Environment Studies (IAPS), a máis relevante internacionalmente no ámbito de estudo das relacións entre as persoas e o medio ambiente, debido a que ocupou entre 2014 e 2018. Foi nomeado, tamén por elección, membro Fellow (Académico) da sociedade científica de psicoloxía máis antiga do mundo, a International Association of Applied Psychology. En 2018, a University Alexander Ión Cuza de Iasi, nomeouno Doutor Honoris Causa.

A traxectoria de García Mira, e o seu campo de especialización, leváronlle tamén a desempañar cargos políticos. Foi Deputado no Congreso, durante o período 2016 –2019, como Portavoz de Cambio Climático e Secretario da Comisión de Economía e Innovación. “Os científicos debemos saber desafiar as preguntas que formulan os políticos e, ás veces, darlles a volta e propoñer máis alternativas", explica o Catedrático.

Comentarios