Portos informou á plataforma Porto Si, Mortos Non sobre os avances do porto mixto de Corcubión
Despois da reunirse coa Confraría de Pescadores de Corcubión e do club marítimo Carrumeiro, o presidente de Portos de Galicia José Antonio Álvarez manivo onte unha xuntanza cos membros da Plataforma Porto Si, Mortos Non, para explicar o paso adiante anunciado a semana no proxecto do porto mixto de Corcubión.
A Plataforma, despois de moitos meses de espera, agradece o “ambiente cordial e construtivo”, na que se revisaron os avances relativos ao proxecto actualmente en exposición pública.
E informou dos pasos seguintes. Ata mediados de decembro segue aberto o prazo de exposición pública. Concluído este período, procederase á realización das consultas oficiais ás distintas administracións e entidades involucradas (Ministerio para a Transición Ecolóxica, Consellerías de Presidencia, Sanidade, Medio Ambiente, Cultura e Mar; Concello de Corcubión; Confrarías de Corcubión, Fisterra e O Pindo; Federación de Confrarías da Coruña; Club Marítimo Carrumeiro; ADEGA; Sociedade Galega de Historia Natural e Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Sinalouse, así mesmo, que os informes de Costas do Estado e da Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación revisten unha especial complexidade e resultarán determinantes na tramitación ambiental do proxecto. A Plataforma trasladou a Portos de Galicia a súa intención de dirixir comunicacións formais ás devanditas administracións, co fin de poñer de manifesto a relevancia que esta infraestrutura terá para os municipios de Corcubión e Cee, e para o conxunto da comarca./p>
O presidente de Portos de Galicia manifestou o seu compromiso de manter informada á Plataforma sobre a evolución dos distintos trámites. Con todo, a Plataforma prevé solicitar unha nova reunión no mesmo período do próximo ano para realizar o correspondente seguimento.
Histórico do proxecto
- Novembro 25: Publicado e posto a información pública o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión.
- Setembro 2025: Poucas novidades sobre o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión
- Xuño 2025: A Plataforma veciñal unha reunión co presidente de Portos para analizar como está o proxecto do porto mixto de Corcubión.
- Outubro 2024: O PP recoñece no Parlamento que “non vai ser posible que o vindeiro ano estean en execución as obras" do porto mixto de Corcubión.
- Maio 24: O Informe Ambiental xera dúbidas sobre un posible retraso no Porto Mixto de Corcubión.
- Novembro 2023: O mar de Corcubión, pendente dos posibles retrasos do porto mixto.
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Marzo 23: Escollida a alternativa máis viable para o porto mixto de Corcubión.
- Febreiro 23: Portos pon un horizonte de 4 anos para que o porto mixto de Corcubión poida ser unha realidade
- Xaneiro 23: Volven pedir a recuperación do práctico e o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 22: A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”.
- Decembro 22: A Plataforma apartidista “Portos Si, Mortos Non” acentúa a súa loita polo porto mixto de Corcubión.
- Outubro 22: Crean a Plataforma "Porto si, Mortos non" para esixir o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 20: A Conselleira do Mar esquécese das promesas feitas en xullo sobre o porto mixto de Corcubión.
- Xullo 2020: A Xunta expón un estudo con distintas alternativas para mellorar o abrigo no peirao de Corcubión.
- Setembro 2019: Corcubión espera a aprobación do porto mixto.
- 2017: O PSdG pide melloras no peirao e retomar o proxecto do Porto Deportivo de Corcubión.
- 2018: “O sector náutico aínda ten moito que crecer na Costa da Morte”.
- 2011: O PP de Corcubión promete o Porto Deportivo se asume o goberno.
Sucesos no peirao
- Novembro 25: Outro barco ás pedras de Santa Isabel.
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Novembro 2022: Outro barco de Corcubión acaba nas pedras.
- Outubro 2019: Outra embarcación ás pedras de Santa Isabel.
- Xuño 2019: A #BorrascaMiguel mandou unha lancha ás pedras de Santa Isabel.
- Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel.
- 2016: Afunde unha embarcación no porto de Corcubión.
- 2011: Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.