Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Senda Nova organiza un roteiro nocturno polos montes do Pico de Meda

Senda Nova organiza un roteiro nocturno polos montes do Pico de Meda
senda nova roteiro Despois dunha intensa Primavera en Ruta, a asociación ambiental Senda Nova xa está a organizar un roteiro nocturno que terá lugar o vindeiro 9 de xullo polos montes do Pico de Meda, en Zas. Un dos obxectivos desta saída, con pernoctación ao aire libre incluída, é o desmitificar a figura do lobo. Para iso percorrerán unha distancia de dez quilómetros aproximadamente. Os interesados en participar debe anotarse antes do día 7 no correo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 696155232. O custe da áctivdade é de 12€ para adultos non socios de Senda Nova e de 8€ para socios. Os menores socios terán que abonar 5€ mentras que os que non o sexan, 8€.    Novas relacionadas Fonte

Comentarios