Nova fornada de empresas turísticas camiño do certificado de calidade SICTED
Un total de 45 empresas e servizos turísticos da Costa da Morte (casas de turismo rural, hoteis e pensións, apartamentos turísticos, albergues, restaurantes, artesáns/ás e comercios de artesanía, empresas de turismo activo, oficinas de información turísticas e museos) comezaron este luns 6 de maio as formacións do Sistema de Calidade Turística en Destino (SICTED). As novas entidades adheridas este ano no Ciclo 1 únense ás 35 xa certificadas o pasado ano, constituíndo un total de 80 servizos turísticos en formación e asesoramento continuo en xestión e calidade turística.
A sesión, organizada pola Asociación Turística da Costa da Morte (CMAT), grazas ao apoio de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña, tivo Centro Sociocultural de Baio (Zas),
A meta das empresas é formar parte do SICTED e obter o distintivo de Compromiso coa Calidade Turística. A adheriuse en 2023 ao SICTED, un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (Setur).
O presidente de CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o secretario da CMAT e presidente da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), Pepe Formoso; foron os encargados de dar a benvida aos 45 novos establecementos adheridos.
Catherine García, da Secretaría Técnica de CMAT, xunto a Emilio Cuíñas, xerente da consultora Autoxiro, foron os encargados de aclarar aos novos adheridos que supón a incorporación ao SICTED e cales son os obxectivos principais do proxecto: “Ademais de elevar o nivel de calidade dos servizos turísticos da Costa da Morte, o SICTED é unha ferramenta moi potente que nos axuda a crear destino, ao achegamento e o traballo en rede dos profesionais do turismo do territorio, o mellor coñecemento da oferta turística e o fomento de novas oportunidades de colaboración”, subliñou
Catherine García. Pola súa banda, Emilio Cuíñas impartiu os primeiros módulos formativos do SICTED para estas 45 novas incorporacións, nas que deu a coñecer a súa metodoloxía e diferentes fases, así como a plataforma de xestión e os manuais de boas prácticas, que os establecementos irán implantando durante este 2024, a través de visitas individualizadas de consultores certificados.
Ademais, a CMAT ten previsto que os obradoiros colectivos obrigatorios que se impartan nesta anualidade, xiren en torno á celebración do VII Encontro Internacional Starlight, que terá lugar en Cee, a principios do mes de outubro de 2024.