Suman e seguen as visitas nas Torres do Allo
A estes datos contribúe significativamente o comezo das actividades didácticas dirixidas á comunidade escolar dentro do programa educativo das Torres do Allo. Foron máis de douscentos alumnos e alumnas de diversas idades xs que recalaron no Allo para facer a visita guiada didáctica e algún dos seus obradoiros, notablemente a Xincana do Allo, un xogo de probas a través do cal coñecen a historia do pazo e da súa contorna.
Tamén os grupos organizados escollen cada vez con máis frecuencia e antelación este destino turístico-cultural como parte do seu itinerario programado. Así, 191 persoas achegáronse a este monumento do concello de Zas para visitalo en grupo, entre elas as pertencentes ao intercambio Regueifesta, e a senda inclusiva Camiño Sen Límites, entre outros.
Novas relacionadas
- As Torres do Allo celebran este domingo o día do xogo tradicional
- Un milleiro de persoas pasaron pola Torres do Allo para ver a Mostra do Traxe Tradicional
- A Deputación e o concello de Zas renovan a xestión das Torres do Allo
- As Torres do Allo poñen en marcha un programa específico para centros educativos
- A artesanía e a tradición enchen de vida o Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo
- As Torres do Allo vístense de traxe tradicional.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).