Venres. 11.10.2024
El tiempo

As Torres do Allo abren estes festivos e preparan un obradoiro de Nadal

Postais desde o Allo
As Torres do Allo abren estes festivos e preparan un obradoiro de Nadal

Nesta próxima semana, o pazo das Torres do Allo abrirá as portas nos días festivos 6 e 8 de decembro co horario de tempada baixa, isto é de 11:00h a 19:00h. Mantéñense as actividades como as visitas guiadas ás 13:00h e ás 17:00h ademáis do xogo de pistas para os máis pequenos e pequenas no que deberán resolver unha serie de probas.

Pero ademais, os días 17 e 18 de decembro celebrarase nas Torres do Allo o Nadal cunha actividade gratuita para os nenos e nenas de 4 a 12 anos, organizada polo Concello de Zas e a Deputación da Coruña. A actividade será no interior do pazo ás 16:00 horas ambos días. Consistirá nunha pequena manualidade no que os rapaces e rapazas deberán sacar o seu lado artístico para adornar e diseñar postais para os seus familiares ou para os Reis Magos.

As prazas serán limitadas e será preciso apuntarse con antelación mandando un correo á [email protected] ou por chamada telefónica ás Torres do Allo (655 71 67 43), ao Centro Sociocultural de Zas ou de Baio (981 751 389 / 981 718 056) coa información necesaria para a reserva, isto é: nome do/da participante, a súa idade, a data (17 ou 18 de decembro) e un número de contacto ou correo electrónico.

Máis novas das Torres do Allo.

Comentarios