Xoves. 07.11.2024
El tiempo

As Torres do Allo xa teñen programa cultural para todo o ano

JOse Manuel Brenlla e Lolo Muino nas Torres do Allo
O Concelleiro Jose Manuel Brenlla e e o alcalde Lolo Muíño presentaron o programa anual das Torres do Allo
As Torres do Allo xa teñen programa cultural para todo o ano

Despois dunha completa Semana Santa chea de obradoiros e visitas guiadas, as Torres do Allo continúan cun completo programa de aquí a fin de ano.

De feito, este sábado 23 de abril xa hau un taller para os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos para celebrar o Día do Planeta, cun obradoiro de manualidades para construir un pequeno comedeiro para paxaros, con materiais ecolóxicos, no que poderán levar á casa e colgalo na ventá ou no xardín.
Para participar será preciso inscribirse previamente nos centros Centros Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torres [email protected].

Un ano cheo de novidades

Torres do Allo Culturais

Ao longo do ano terán especial importancia as actividades orientadas a nenos e nenas entre as que destacan os obradoiros especiais temáticos.

De cara ao verán o pazo será tomado pola cativada que participará no campamento “Zas no verán 2022” e a música retornará ás Torres da man da cantante FAIA co o seu novo espectáculo o 22 de xullo pola tarde. O sábado 23 de xullo terá lugar un evento especial titulado “Xornada sobre o Liño: Economía Circular”. O programa “Contos nas Torres” dedicado á narración oral traerá a dous artistas de primeiro nivel Quico Cadaval o 20 de agosto e a Paula Carballeira o 27 de agosto.

Durante os domingos de xullo e agosto realizaranse as populares visitas teatralizadas da man dos Quinquilláns, que mostrarán os secretos do pazo a través das figuras do célebre naturalista galego Victor López Seoane e a súa dona e primeira propietaria muller das Torres, Francisca Rioboo.

Recupérase tamén o “Escape Room do Allo”, este ano mudando narrativa e con novos retos orientado ao público xuvenil e adulto. Este apaixonante xogo de escapismo estará dispoñible baixo reserva nos meses de xullo, agosto e setembro.

O 31 de agosto festexarase a tradicional Romaría de San Ramón que incluirá mercado de Artesanía Tradicional e a actuación musical do trío “Tres Pesos” na sesión vermú.

No outono chegará o Samaín ao pazo cunha completa xornada na que se incluirá un obradoiro para nenos e nenas, magosto, música tradicional e unha sesión de contacontos ao final do día.

Novas relacionadas

Comentarios