Un cemiterio especial


Hoxe facemos unha visita curiosa. Ou alomenos así nos pareceu a nós, que acabamos aquí por casualidade. Paseando arredor das Torres do Allo, e como non puidemos entrar pois o museo etnográfico da Neria está pechado, seguimos andando ata a capela e atopamos un alpendre... Ai non, o cemiterio do Allo!
Aberto no 2006, as caperuzas dos nichos semellan unha edificación tradicional, e demostra que a arquitectura funeraria costeira está a vangarda.
I é que a Costa da Morte é un marco perfecto para o Necroturismo. E non só polo nome. Temos por exemplo un cemiterio de cores, temos tamén un cemiterio dos ingleses case que no mar, e por ter temos ata un cemiterio baleiro na fin do mundo...
Pois iso, que deberíamos profundizar no concepto do necroturismo.

Máis información
- Recunchos da Costa: Torres do Allo.
- O Cemiterio do Cabo Fisterra.
Novas relacionadas
- Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo.
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Unha viaxe polas cores do Cemiterio de Dumbría.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).