luns. 12.05.2025
El tiempo

O premio Nóbel Kip Stephen Thorne queda embelesado pola "paz" de Brandomil

Visita-Premio-Nobel-Zas
O premio Nóbel Kip Stephen Thorne queda embelesado pola "paz" de Brandomil

Esta fin de semana a comarca recibíu a visita de Kip Stephen Thorne; un dos cientificos máis relevantes da historia polas súas achegas sobre as ondas gravitacionais e Premio Nobel de Física en 2017.

O Nobel está estes días na nosa comunidade despois de participar no Conciencia; un programa de divulgación organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago, e dirixido polo zaseiro Jorge Mira Pérez.

Durante a súa visita a Zas estivo acompañado da súa parella e do científico baiés, responsable de ter achegado a Costa da Morte a ducias de eminencias internacionais. 

A comitiva percorreu algúns dos lugares máis emblemáticos do concello zaseiro: a ponte romana e as escavacións de Brandomil, así como as vilas de Zas e de Baio. Manuel Muíño, Alcalde de Zas, acompañounos durante parte do seu percorrido.

A Kip Stephen Thorne sorprendeulle a “paz” que transmite a ponte de Brandomil e tamén quedou moi impresionado coa Vía Romana. Durante o seu percorrido chamouselles a súa atención outro dos elementos etnográficos caraterísticos do noso territorio: os cabazos.
Kip Stephen Thorne súmase á longa lista de Premios Nobel que visitaron o noso municipio.

Comentarios