Luns. 09.09.2024
El tiempo

Un documental sobre a contaminación abre a III edición dos Premios Fouciño

Un documental sobre a contaminación abre a III edición dos Premios Fouciño
premios-foucino-baio O festival de cinema de Baio comezou coa proxección dun documental sobre a contaminación O edificio do antigo cine Pomares de Baio acolleu onte o arranque da III edición dos Premios Fouciño (organizados polo concello de Zas) coa proxección do documental “Fóra”, dirixido e guionizado polo xornalista Rodrigo Cota. “Fóra” é un documental que se presentou en febreiro de 2018 e que recolle o rexeitamento ao complexo industrial de celulosas ENCE-ELNOSA asentado na ría de Pontevedra. O traballo dálle voz aos protagonistas que encabezaron a loita contra a papeleira desde as súas orixes ata a actualidade. Dálle voz aos colectivos pesqueiros, marisqueiros, conserveiros, bateeiros e do turismo que son os que sufriron e sofren de xeito directo o impacto ambiental da papeleira e que levan amosando a súa oposición desde os anos 60. Semana do audiovisual mabel-montes-premios-foucino Durante toda esta semana proxectaranse no local municipal do edificio Pomares de Baio documentais sobre distintas temáticas sociais Hoxe continúan as proxeccións no edificio Pomares de Baio. Será o turno de "Costa da Morte", producida por Zeitum Films e dirixirida por Lois Patiño. Nela nárrase a interacción entre a paisaxe, o clima e os habitantes da Costa da Morte. Esta película-documental obtivo varios premios en numerosos festivais, como o de Locarno, e presentouse en festivais de todo o mundo recollendo tamén galardóns en Chile, Corea do Sur, México, Filipinas e Arxentina, entre outros. En 2014 levou un premio FEROZ, un Mestre Mateo ao mellor documental e foi premio da Crítica en España. A proxección de Costa da Morte comeza ás 21:30 horas e a entrada é de balde. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios