Unha incrible viaxe naturalista dende as Torres do Allo


Espectacular é a viaxe natural pola exposición que acollen as Torres do Allo ata o 18 de novembro. "Seoane: o naturalista das Torres do Allo” é unha exposición sen precedentes, onde podemos descubrir a figura e obra do científico galego máis importante do S.XIX, que fixo do pazo do Allo un dos centros científicos de referencia a nivel europeo.
Durante a primeira fin de semana da exposición, xa foron máis dun centro de visitantes os que se achegaron a ver pezas únicas de máis de 100 anos de antigüidade, como manuscritos ou animais disecados polo propio zaseiro Víctor López Seoane, o maior científico galego do S.XIX.
Unha visita, de balde, singular, que non deixa a ninguén indiferente, que demostra o amor polo eido natural deste ilustre veciño con P na exposición “Seoane: o naturalista das Torres do Allo”.





A maiores pódese disfrutar da programación habitual:
- Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
- O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa). Un divertido día en familia onde descubrir os lugares máis máxicos do pazo do Allo.