Unha nena de 3 anos falece nun accidente en Baio

18:41 31/12/12

Facéndonos lembrar aquela fatídica noiteboa de 2009, un novo accidente acabou ca vida dunha nena de 3 anos en Baio, no Concello de Zas. Unha colisión entre dous vehículos acababa ca vida da pequena e deixaba dous feridos: o condutor do outro coche e mais a súa avoa, coa que viaxaba, ambas do lugar cabanés do Carballal. A nai da pequena traballaba na panadería Caión de Baio.
O accidente acontancía arredor das 12:10h da mañá deste 31 de decembro de 2012, nun punto conflitivo de Baio Pequeno, no cruce da Rúa Juan Astray, a altura do número 27.
Segundo nos informa Emerxencias Galicia, mobilizaron á Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Santa Comba, Protección Civl de Zas, Urxencias Médicas, 061 e Policía Local.
Novas relacionadas
- Un accidente na Piroga se salda con dous feridos e a estrada AC-552 cortada.
- 2009: Unha muller e o seu bebé falecen nun accidente en Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).