Un accidente na Piroga se salda con dous feridos e a estrada AC-552 cortada


Esta mediodía de 13 de decembro 2 homes quedaban feridos tras desplomarse unha grúa na que traballaban na AC-552, a altura da Piroga, a altura da Parrillada Montreux, na parroquia vimiancesa de Bamiro. Os traballadores, que estaban podando as árbores para as obras da beirarrúa, cando o guindastre se desplomaba sobre a estrada.
O aparatoso accidente provocou un pequeno caos na vila da Piroga, pois ademais a vía quedou cortada e os atascos aínda continúan e continuarán ao longo do día de hoxe.
A Policía Local alertou ao 112, que mobilizou a Urxencias Mécidas, Garda Civil de Trafico, Grumir de Vimianzo e ao Servizo de Limpeza e Mantemento da Consellería do Territorio.
Estrada cortada
Segundo nos informa a Policía Local de VImianzo e mais o Concello, a estrada permanecerá cortada no día de hoxe. Os turismos poderán acceder por un desvío no Campo da feira, mais os camións e vehículos pesados terán que desviarse por Bamiro.
Están buscando máis alternativas para o transporte pesados, e xa están levando a cabo o dispositivo operativo para desvialo por Laxe. Así á chegada á Baio habería que tirar por Laxe e voltar á AC-552 pola estrada de Camariñas.
E dende o sur, se pode facer en sentido inverso, ou ben meterse pola estrada de Baíñas. Tamén podemos optar pola opción de, en Vimianzo coller a estrada de Camariñas, desviarnos cara Laxe e voltar á AC-551 por Canduas.



Novas relacionadas
- 25-11-12: Un home tivo que ser excarcelado ao caer por un terraplén na estrada do mirador do Ézaro.
- 07-11-12: Un home excarcelado tras un accidente en Berdoias.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).