Unha unidade móbil do DNI volve a Zas tras 10 anos

04:15 21/02/18

Pasaron 10 anos dende a última visita da unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional ao concello de Zas. O vindeiro 2 de marzo volverán os veciños zaseiros ter a oportunidade de sacar ou renovar o carnet sen necesidade de desprazarse a nova sede de Carballo ou Santiago.
A unidade atenderá as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou do pasaporte por parte das persoas que o precisen. Atenderá un total de 65 persoas que deberán pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03.
Cara finais de ano, concretamente o día 29 de novembro, a unidade móbil do DNI desprazarase novamente ata Zas.
Novas relacionadas
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas