venres. 23.01.2026
El tiempo

A Universidade Sénior abre o prazo para o novo curso en Baio

[Universidade Senior - Costa da Morte] Clase Maxistral - 2025
Unha das clases maxistrais da Universidade Senior - Costa da Morte do ano pasado
A Universidade Sénior abre o prazo para o novo curso en Baio

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, porá en marcha en 2026 a 8ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para persoas maiores da Costa da Morte. Esta iniciativa que promove a democratización do coñecemento, conta coa financiación da Xunta de Galicia e coa colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte e do Concello de Zas, e desenvolverase entre os meses de febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas). 

O prazo de inscrición, de carácter gratuíto, estará aberto do 23 de xaneiro ao 5 de febreiro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición de maneira en liña, a través do espazo web da UDC Sénior Costa da Morte, ou presencialmente, a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos concellos participantes.

O programa estrutúrase en tres módulos, compostos por sesións teóricas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña. As sesións desenvolveranse dous días á semana, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e abordarán unha ampla variedade de temáticas de interese social, cultural, científico e sanitario.

MÓDULO I. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

  • 10 de febreiro: “O xigante esperto: China, a gran descoñecida”, do prof. Iván Nieto Cerdeiriña
  • 11 de febreiro: “Arte de vangarda: manual de instruccións”, do `prof. Fernando Agrasar Quiroga
  • 24 de febreiro: “A xustiza penal en España: mitos e realidades”, da profa. Eva Mª Souto García e o prof. J. Antonio Ramos Vázquez

MÓDULO II. CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA

  • 3 de marzo: “A revolución dixital na xestión da auga”, do prof. Antonio J. Díaz Longueira
  • 4 de marzo: “O coche do futuro moverase con hidróxeno?”, da profa. Socorro Castro García
  • 10 de marzo: “Enerxías renovables e transición ecolóxica: o papel da cidadanía” da profa. Lucía Paz Aldrey

MÓDULO III. CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE

  • 17 de marzo: “Cerebro: memoria, sono e rock and roll”, do prof. Casto Rivadulla Fernández
  • 18 de marzo: “Evolución ou extinción: eu decido”, da profa. Esther Fernández Fernández.
  • 24 de marzo: “Cambio climático: causas, consecuencias e solucións”, do prof. Salvador Fojón Polanco

 

Comentarios