Veciñ@s polo mundo: “Unha oferta do centro deportivo Rafa Nadal Sports Centre non se pode rechazar”
Seguimos percorrendo mundo gracias aos nosos emigrantes. Xa temos estado en México, California, Shanghai, Río de Janeiro, Manchester, Australia, Tenerife, Suiza, Noruega, Barcelona, Nova Iorque ou mesmo temos navegado polos 7 mares.
Hoxe poñemos, bañador, chanclas, gafas de sol, e collemos a raqueta, para visitar a un baiés que está ás ordes dos mesmísimo Rafa Nadal en Mallorca.
Fermín López Agra anda descubrindo grandes recunchos de Mallorca- QPC: Como te chamas?
Fermín López Agra.
- QPC: De onde es?
Son natural de Baio.
- QPC: Onde vives agora?
Vivo en Mallorca, concretamente en Manacor, unha pequena cidade na zona centro-este da illa.
- QPC: Por que motivo te trasladaches ai?
O motivo principal foi por traballo, xa que me chamaron do centro deportivo Rafa Nadal Sports Centre e era unha oportunidade que non se podía rexeitar.
Rafa Nadal con Fermín- QPC: Canto tempo fai que te mudaches?
Pois levo un mes xa na illa e espero estar por moito tempo máis.
- QPC: En que traballas?
Traballo de adestrador persoal, monitor de actividades dirixidas e preparador físico de tenis.
- QPC: Que é o que máis botas de menos da Costa? Tes morrińa?
Por agora no me dou tempo a ter esa morrińa xa que levo pouco tempo e estou con bastante traballo, pero si que por momentos se bota moito de menos a familia e amigos. Da Costa, sobre todo, eses momentos de estar na casa e estar tomando algo cos amigos.
- QPC: Manteste o día da actualidade costeira?
Por suposto, miña nai practicamente chámame todos os días e xa me transmite todo… jeje. Pero tamén sigo por Facebook moitas das páxinas da Costa.
- QPC: Q tal embaixador es da túa terra?
Os que me cońecen saben que sempre levo o nome do meu pobo con orgullo e intento sempre decir de onde son, Cando me preguntan de onde son, non digo só que son galego senón desa parte da Galiza que é a Costa da Morte e fálolles dos diferentes sitios que poderían coñecer nalgunha viaxe e ensińolle fotos.
- QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?
Pois principalmente o clima. Desde que cheguei a temperatura mínima foi 20º e estou todo día en camiseta e pantalón corto.
Tamén a xente nesta parte de Mallorca non soen falar o castelán senon o mallorquín.
Ademais como me gusta o trailrunning os terreos son diferentes para correr, máis secos, con bastante pedra e sobre todo a humedade.
- QPC: Que cousas importaría para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí? (vale gastronomía, asuntos sociais, éticos, paisaxísticos…)
Pois aínda que aquí se come bastante ben, bótase de menos o marisco das nosas rías e como non, esas comidas de domingo da avoa ou nai. Tamén son unha persoa que me gustan os contrastes e non ver sempre o mismo terreo e clima, gústame esos días de choiva e frío e ir correr polos montes galegos que son totalmente diferentes os de aquí. Nesta parte da illa son un pouco cerrados co idioma e non se adaptan tanto como os galegos ca xente de fóra.
- QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?
Pois o meu xefe díxome un día de participar nunha carreira de monte e alá fun. Cando estaba quentando previo a carreira unha persoa tocame a espalda e dime: Fermín e ti aquí? Resulta que era un vecińo de Baio tamén que xa leva uns 7 anos aquí.
Outra anecdota e que un día ás 10 da mañá íaa camińo o traballo e parei nun bar a almorzar. O local estaba cheo, perfectamente unhas cen persoas e séntome na mesa para pedir unhas tostadas e un café e vexo o meu arredor que a xente está comendo o tipico frito mallorquín e churrasco, DEZ DA MAŃA!!! Jeje e a camarera dime: “sólo vas a pedir eso?”
- QPC: Atopácheste con algun vecińo costeiro mais? Xúntaste con galegos ou costeiros habitualmente?
Pois como dixen coinciden na carreira con este veciño de baio e tamén vin que andaba unha rapaza de Ponteceso que tamén cońezo preto de onde vivo e estivemos falando de vernos un día tamén.
- QPC: Que plans de futuro tes? Volverás algún día?
Vin para este centro con contrato fixo e a miña idea e estar bastantes anos aquí se todo vai ben porque considero que pode ter moitisima proxección e co tempo poder optar a postos superiores no mundo do fitness.
Podese dar o caso que bote de menos os amigos e familia e voltar, nunca se sabe pero agora mesmo na miña cabeza está o disfrutar esta experiencia, crecer profesionalmente e disfrutar da illa na que moitos elíxena de vacacións.
No verán vai ser difícil ir a Galiza por traballo xa que temos moitos estranxeiros que veñen de vacacións e elixen este centro para adestrar porque tamén ten hotel. Pero xa moitos amigos e meus pais e irmán me dixeron que ían vir no verán e eu no inverno poderei ir máis frecuentemente xa que o fin e o cabo estou a dúas horas.
Veciñ@s polo mundo
Estes son algúns dos amig@s que xa temos visitado polo mundo. Se queres contarnos a túa historia ponte en contacto en [email protected], polo Facebook Que pasa na Costa ou no whatsapp 637 704 893.- De Cee a Punta Cana: “A Punta Cana levaría as nosas verbenas do verán e o licor café”.
- Un de Zas en Jalisco: “O camiño que leva o noso país foi unha das razóns que me fixo marchar”.
- Dende Corme ata California: “Os amigos de California xa saben onde se comen os mellores percebes do mundo”
- Un malpicán en Shanghai: “Penso que os chinos nunca comeron un bo codido”.
- De Brens aos 7 mares: “Navego por todo o mundo para non ter que emigrar”.
- De Lira a Río de Janeiro: “Sorpréndeme que os donos dos mellores hoteis do Río son da Costa da Morte.
- De Cee a Manchester: “A Xunqueira e o Nadal pasámolos sempre na casa”.
- “De Australia importaría o convencemento que teñen sobre coidar o entorno”.
- De Ponteceso a Tenerife: “Boto de menos as tardes de choiva, sofá e manta”.
- De Santa Comba a Suíza: “Voltarei para a Costa cando me chegue o día da xubilación”
- Un carnotán na neve: “A Suiza levaría o Bar London”.
- De Baíñas a Alemaña: “Voltar, voltarei seguro, que a cabra tira ao monte”.
- Das terras do Xallas aos Fiordos: “Boto de menos o panadeiro na porta”.
- Un deportivista zaense na neve.
- Do Fútbol da Costa ás praias de Barcelona.
- De Santa Comba a NYC: “Cando lles amoso fotos da terra aos neoiorquinos o primeiro que me preguntan é que fago alí”.
Outros artigos migratorios
- Javier López Moríñigo: A emigración do pasado e a emigración actual: distinta forma, mesmo fondo.
Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar
- (VI) – A estratexia do retorno e idealización do lugar de orixe.
- (V) – A chegada: casa e traballo (II).
- (IV) – A chegada: casa e traballo (I).
- (III) – ¿Por que veñen?.
- (II) – A emigración de Carnota en Nova York (II).
- “Vin porque me trouxeron, non quería vir”. De Carnota a Astoria. A emigración de Carnota en Nova York (I).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).